14 dic 2006

O panocticón é un centro penitenciario ideal diseñado polo filosofo Jeremy Bentham no ano 1791. O concepto deste deseño èrmite ao vixiante observar(-opticón) a todos(-pan)os prisioneiros sen que estes saiban se están a ser observados ou non.
A estructura incorpora unha torre de vixiancia no centro dun edificio con forma de anel que está dividido en celdas. Cada unha delas ten dúas fiestras, unha pra que entre a luz e outra interior dirixida hacia atorre de vixiancia. Os ocupantes das celdas estarían illados uns dos outros polas paredes e sometidos ao escrutinio dun vixiante da torre que permanecería oculto. Para eso Bethan pensa nas persianas venecianas nas fiestras da torre de observación, tamén en ocnexións laberínticas entre as salas da torre pra evitar reflexos de luz ou ruídos que puideran delatar a presencia ou non dun observador.
Segun Bethan, seía un deseño máis barato co das prisións da súa época pois require menos empregados. Xa que os vixiantes non poden ser vistos, non sería necesario que que estivesen traballando, polo que a función de observar pasa ao observado. http://es.wikipedia.org/wiki/Panoptic%C3%B3n

O filosofo inglés tamén pensaba que esta prisión era un modelo de reinsercción, xa que aseguraba que despois de pasar un tempo alí seguirían actuando como se seguisen a estar vixiados, polo que a tentación de volver a delinquir sería menor.
As ideas de Bethan tamén inspiraron ao escritor George Orwell na súa novela "1984".
A clave de estos mecanismos de vixiancia, onde uns poucos vixían a maioría, é, según Foucalt, que nunca se debe saber se os carceleiros están ou non observando, para que se asuma que é o vixiante/observador é omnisciente, que está en todas partes e se entera de todo, aínda que para reforzar está idea cada certo tempo debe mostrar o seu poder por medio do castigo.
O panopticón tal e como soñou Bentham non chegou a esistir xamais, pero nin no seu peor pesadelo podería imaxinar un mundo onde decenas de satélites vixían permanentemente desde o ceo.
Se google é capaz de ofrecer gratis un programa como Google Earth, que permite ver todo o mapa do planeta através de fotos de alta resolución ¿que non terán os servicios de intelixencia militar?

http://www.informativos.telecinco.es/bentham/panopticon/gran-hermano/dn_7528.htm

No hay comentarios.: